O campus de Pontevedra presenta un completo catálogo con todos os seus servizos

Pontevedra
28 de abril 2022

O obxectivo foi desenvolver unha ferramenta que unificase, dunha maneira accesible, todos os recursos que o campus de Pontevedra ofrece a cada un dos segmentos que poden estar interesados

Presentación do Catálogo de recursos do Campus CREA Diana Eiras

A Casa das Campás, sede do Vicerreitorado, acolleu este xoves a presentación do catálogo de servizos do campus de Pontevedra, un espazo web (campuscrea.webs.uvigo.es) que reúne información dos servizos, centros, estudos ou grupos de investigación do campus.

Trátase dun encargo da Vicerrectoría, que contou co apoio do Consello Social, no seu empeño por modernizar, mellorar a imaxe do Campus Crea e, fundamentalmente, por facer chegar o traballo e os recursos que a Universidade de Vigo pon ao dispor da sociedade.

O obxectivo foi desenvolver unha ferramenta que unificase, dunha maneira accesible, todos os recursos que o campus de Pontevedra ofrece a cada un dos segmentos que poden estar interesados. 

O resultado final deu como resultado o primeiro catálogo integral de recursos da Universidade de Vigo e un dos pioneiros no ensino superior en España. Todo iso a través dunha ferramenta dixital que unifica toda a oferta académica, de investigación, servizos e equipamentos do campus de Pontevedra.

Permite ademais unha procura personalizada en función do perfil de cada usuario. 

O traballo de deseño, desenvolvemento e implantación desta ferramenta de catalogación empezou o pasado verán e tivo unha duración de dez meses.  "No fue un trabajo sencillo", recoñeceu a responsable das áreas de Centros de Coñecemento e Deseño Estratéxico de Inova, Alba Valdés.

As fontes de información de todos os recursos que tiña en campus atopábanse dispersas, en ocasións estaban incompletas, e precisaron un estudo da súa tipoloxía e orixe, polo que "la labor inicial se centró en definir esos recursos para hacer un diseño de esa estructura de catalogación", explicou Alba Valdés.

Finalmente, toda esa magnitude de recursos clasificouse en catro grandes bloques: instalacións (desde as académicas ata as deportivas), formación (todas as titulacións de grao, máster, títulos propios, persoal do centro, etc.), investigación e servizos.

Ademais establecéronse catro segmentos atendendo aos perfís de usuarios: público xeral, estudantes, empresas e persoal docente e investigador. "El catálogo queda abierto a partir de hoy y estará en constante evolución y desarrollo", engadiu Abel Estévez, director de proxectos de Can Academics.

O vicerreitor do campus de Pontevedra, Jorge Soto, agradeceu o apoio brindado por Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social dá Universidade de Vigo, que permitiu sacar adiante este proxecto.