O campus de Pontevedra arranca o curso dando a benvida ao alumnado que este ano comeza a súa vida universitaria

Pontevedra
05 de setembro 2024

Este xoves terá lugar unha xornada de benvida no campus de Pontevedra, concretamente na Escola de Enxeñaría Forestal

Probas ABAU 2021 no campus de Pontevedra Mónica Patxot

O vindeiro luns 9 de setembro a Universidade de Vigo arranca oficialmente o curso 2024/2025. 

Este xoves terá lugar unha xornada de benvida no campus de Pontevedra, concretamente na Escola de Enxeñaría Forestal.

Será unha xornada de acollida informativa e lúdica na que o estudantado que comeza a súa vida universitaria pode coñecer os servizos e instalacións que teñen á súa disposición. 

En total, a Universidade de Vigo ofertou para o curso 2024/2025 un total 3.836 prazas de novo ingreso de grao (e 1.733 de mestrado). 

Cando aínda está aberto o prazo de matrícula, os datos de alumnado de novo ingreso son xa os mellores de toda a serie histórica de ocupación desta institucion académica, tal e como ten destacado o reitor, Manuel Reigosa, acadando taxas de ocupación superiores ao 100% nos tres campus da institución académica. 

No sexto chamamento para efectuar a matrícula aberto agora, das 12 titulacións de grao do campus de Pontevedra, só ten a matrícula aberta Enxeñaría Forestal.