O campo da festa de Borela xa está listo para volver bailar despois da renovación do firme

Cerdedo-Cotobade
21 de xaneiro 2024

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, inspeccionou estes días este espazo. A área recreativa e o campo da festa de Borela concentraron nos últimos tempos un investimento impulsado e promovido polo Concello duns 100.000 euros

Jorge Cubela, no campo da festa de Borela Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, inspeccionou estes días o campo da festa de Borela, un espazo que xa está listo para volver bailar unha vez que remataron os traballos de renovación do firme de aglomerado en quente.

Os traballos supuxeron un investimento do Concello duns 30.000 euros e responde a un dos compromisos electorais do PP despois da insistencia da veciñanza da parroquia de Borela, xa que este espazo de convivencia veciñal precisaba dunha intervención en profundidade para garantir a recuperación e uso.

A este investimento de 30.000 euros hai que sumarlle a colocación nas inmediacións do campo da festa de Borela dun parque infantil de última xeración e tamén outro biosaudable no que se investiron uns 20.000 euros.

Por outra banda, e tamén a petición veciñal, o Concello acondicionou no ano 2019 unha zona de estacionamento na parcela superior, na que tamén se investiron outros 30.000 euros.

Desta maneira, a área recreativa e o campo da festa de Borela concentraron nos últimos tempos un investimento impulsado e promovido polo Concello de Cerdedo-Cotobade duns 100.000 euros.