O camiño que une Casás coa praia da Coviña en Marín xa presenta un aspecto renovado

Pontevedra
02 de febreiro 2024

Responsables do Concello marinense supervisaron a actuación no lugar, que rexistra un importante tráfico durante os meses de verán

María Ramallo, Manuel Santos y Pablo Novas recabaron opinión dos veciños Concello de Marín

O camiño que une Casás e a praia da Coviña, en Marín, xa se atopan acondicionados unha vez concluídas as obras realizadas polo Concello.

A alcaldesa María Ramallo e os concelleiros Manuel Santos e Pablo Novas supervisaron a actuación e solicitaron opinións dos veciños sobre o resultado da execución.

Dunha parte mellorouse a pavimentación da calzada que estaba deteriorada e requiría de mellora da drenaxe.

Tamén se actuou nun muro de peche e sostemento do vial cun reforzo e un peche con valado.

A actuación correu a cargo do Plan de Mellora de Camiños Rurais cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desarrrollo Rural, dentro do Plan estratéxico da PAC en Galicia. O investimento superou os 46.000 euros.

A zona na que se traballou soporta un importante volume de tráfico durante os meses estivais, tanto polo uso das praias como polos usuarios que acceden a unha parcela anexa á estrada que se habilita nesa tempada como aparcamento disuasorio.