O cadáver rescatado flotando no río Lérez era do pontevedrés desaparecido hai unha semana

Pontevedra
21 de decembro 2023
Actualizado: 17:10

Efectivos da Policía Local e dos Bombeiros de Pontevedra colaboraron este xoves para rescatar do río Lérez o corpo dun home que apareceu flotando entre as pontes do Burgo e de Santiago. Trátase de José Campos Loureiro, un home de 55 anos desaparecido en Pontevedra desde o martes pasadoa>

Rescate dun corpo no Lérez entre as pontes do Burgo e Santiago
Rescate dun corpo no Lérez entre as pontes do Burgo e Santiago / Mónica Patxot

Efectivos da Policía Local e dos Bombeiros de Pontevedra colaboraron este xoves para rescatar do río Lérez o corpo dun home que apareceu flotando entre as pontes do Burgo e de Santiago.

O cadáver foi rescatado da auga poucos minutos antes das dúas e media da tarde e, sobre as cinco da tarde, a Policía Nacional puido confirmar a súa identidade. Trátase de José Campos Loureiro, un home de 55 anos veciño de Cuntis desaparecido en Pontevedra desde o martes pasado

José Campos Loureiro era unha persoa de "alta vulnerabilidade" que sufriu ese día un accidente de tráfico, aínda que non resultou ferido de gravidade, polo que foi trasladado polo 061 en ambulancia ao  Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez, onde non chegou a ingresar. Negouse a recibir asistencia e foise do centro hospitalario. Aí perdéuselle a pista

O accidente tivo lugar na estrada N-550 que enlaza Pontevedra con Barro á altura do cruzamento de Perdecanai. José Campos Loureiro realizou unha manobra de adiantamento indebida pola esquerda, chocando co seu vehículo contra outro turismo que estaba parado esperando e a outro que circulaba correctamente polo outro carril. As outras dúas persoas feridas viaxaban no coche que estaba parado.

Ata o lugar desprazáronse, ademais da Policía Local e os Bombeiros, efectivos do 061, que monitorizaron o corpo nun intento de reanimación, pero finalmente tan só se puido confirmar o seu falecemento.

Tamén unha comisión xudicial e a Policía Nacional foi alertada para proceder ao levantamento do cadáver. 

Desde a Policía Nacional confirman que se trata dun home e que no corpo, en principio, non hai síntomas de violencia. En todo caso, haberá que agardar á autopsia para poder confirmalo.

Agora, a Policía Nacional abrirá unha investigación para poder determinar o sucedido e as causas da morte. De momento, a Policía Científica xa confirmou a súa identidade.