O BNG, sen "data límite" para negociar co PSOE: "Non podemos andar con présas"

Pontevedra
03 de xuño 2019

Coa investidura de Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde garantida, o BNG tomará o seu tempo para negociar co PSOE un posible goberno de coalición. Así o recoñeceu o portavoz do goberno municipal, Raimundo González

Tino Fernández e Miguel Anxo Fernández Lores Mónica Patxot

Coa investidura de Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde garantida, o BNG tomará o seu tempo para negociar co PSOE un posible goberno de coalición. Así o recoñeceu o portavoz do goberno municipal, Raimundo González.

"Non podemos andar con présas", explicou González a preguntas dos xornalistas sobre o estado das negociacións cos socialistas.

Tanto é así, engadiu, que os nacionalistas non se puxeron unha "data límite" para negociar a fórmula de goberno adecuada para o próximos catro anos.

O BNG entende que salvo "hecatombe" ou pactos "contra natura" correspóndelle a Fernández Lores, como candidato da lista máis votada, a responsabilidade de formar goberno, e a partir de aí haberá marxe para selar unha hipotética alianza.

"Non temos apriorismos previos e estamos abertos a todas as posibilidades", sinalou Raimundo González, que asegurou que o BNG analizará o escenario político que se abriu tras as municipais nunha asemblea con afiliados que se celebrará o mércores.

Nela, os nacionalistas prevén establecer as "diferentes vías de actuación" e fixar a súa estratexia para gobernar a cidade durante o próximos catro anos

Esta formulación fixará uns "mínimos" que serían "irrenunciables", segundo González, para negociar un posible pacto de goberno cos socialistas de Tino Fernández. Eso si, iso non impide que nos próximos días poida haber contactos ou "chamadas telefónicas" entre ambas partes, segundo recoñeceu o portavoz do goberno municipal.