O BNG reúnese cos delegados de CIG da comarca pensando no 21-O

Pontevedra
02 de outubro 2012

O voceiro nacional do partido nacionalista, Guillerme Vázquez, e o número catro da lista por Pontevedra, Luis Bará, explicaron as bases da súa candidatura aos delegados sindicais

Traballando de cara á cita coas urnas do próximo 21 de outubro, o Bloque Nacionalista Galego reuniuse en Pontevedra cos delegados sindicais de CIG na comarca para explicar as bases do seu programa electoral.

O voceiro nacional do BNG puxo como exemplo das políticas que propoñen a devolución da paga extra aos funcionarios aprobada polo Concello de Pontevedra, "baixar os salarios o único que fai é retraer o consumo e empeorar a situación do tecido económico".

Para o líder nacionalista, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy "será capaz de dicir que está moi contento e satisfeito coa reforma laboral. Dixo que daría os seus froitos e aí o temos, máis desempregados e máis xente na cola do INEM".

Arquivado en