O BNG leva ao Parlamento galego a anulación da prórroga de ENCE e a denegación da planta de biomasa

Pontevedra
14 de xuño 2018

O deputado nacionalista Luís Bará rexistrou este xoves unha batería de iniciativas parlamentarias en relación coa prórroga de ENCE e coa modificación do proxecto sectorial para dar vía libre á planta de biomasa

Luis Bará, deputado do BNG no Parlamento galego PontevedraViva

O deputado nacionalista Luís Bará rexistrou este xoves unha batería de iniciativas parlamentarias en relación coa prórroga de ENCE e coa modificación do proxecto sectorial para dar vía libre á planta de biomasa.

A proposición de lei presentada polo BNG propón que o parlamento galego inste á Xunta a demandar do goberno do Estado a anulación da prórroga de ENCE antes do 28 de xullo de 2018 (data de caducidade prevista na lei de Costas) para evitar posibles indemnizacións por lucro cesante.

Por outra parte, a proposta nacionalista tamén inclúe a denegación da autorización para a planta de biomasa.

Neste caso entre as razóns esgrimidas polo Bloque destacan dúas: por ir en contra das determinacións das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral e polo "fortísimo impacto que tería a instalación tanto na contorna como polas súas consecuencias negativas nos montes e na biodiversidade".

Arquivado en