O BNG define a estrutura do goberno municipal de Barro para este novo mandato

Barro
19 de xuño 2019

Partindo da estrutura do anterior goberno, reorganizáronse as áreas tendo en conta as distintas cualidades e perfís de cada un dos concelleiros

Concelleiros do BNG en Barro BNG de Barro

O grupo municipal do BNG de Barro acordou cal vai ser a estrutura do goberno e responsabilidades que asumirán cada un dos concelleiros para este mandato.

Partindo da estrutura do anterior goberno, reorganizáronse as áreas tendo en conta as distintas cualidades e perfís de cada un dos concelleiros.

Así, Roberto Rivas Reboredo seguirá xestionando o departamento de Cultura e Patrimonio, ademais de normalización lingüística; e Amelia Cancela Cancela seguirá á fronte de Benestar Social, Educación e Sanidade.

Rocío Martínez Sartal, unha das novas incorporacións, estará ao frente de Medio Ambiente, Festas e Participación cidadá.

Iván Bello Ferreiro asumirá Obras e Servizos, Medio Rural e Deporte; y Adrián Silva Magdalena será o responsable de Promoción Económica, Emprego, Turismo e Xuventude.

O funcionamento das distintas áreas de goberno "basearase na cooperación e na interrelación de cada unha das responsabilidades buscando reforzar todas aquelas actuacións que teñan unha maior complexidade", tendo en conta que no goberno só o alcalde terá dedicación exclusiva.