O BNG chama a saír á rúa en defensa da sanidade pública na Lama

A Lama
29 de xullo 2022

A protesta está prevista para este sábado 30 de xullo ás 13 horas diante do centro de saúde do municipio. O portavoz municipal do BNG, Jesús Fortes, anunciou a concentración este venres e insistiu en que "a humillación á que está sometendo o Sergas á veciñanza de A Lama supera todas as liñas vermellas"

Concentración en defensa da sanidade na Lama BNG A Lama

O BNG convocou para esta fin de semana unha concentración en defensa da sanidade pública en A Lama. A protesta está prevista para este sábado 30 de xullo ás 13 horas diante do centro de saúde do municipio.

O portavoz municipal do BNG, Jesús Fortes, anunciou a concentración este venres e insistiu en que "a humillación á que está sometendo o Sergas á veciñanza de A Lama supera todas as liñas vermellas".

Desde a formación nacionalista animan a toda a veciñanza a manifestarse para "deixarlles claro ao PP e ao Sergas que non imos permitir que continúen a xogar coa saúde das nosas veciñas e veciños".