O barco do Rei Urco naufraga en metade do desfile do Entroido

Pontevedra
22 de febreiro 2020

O "Burla Negra" foi a pique coma o Titanic ao chegar á rúa Michelena, xusto cando pasaba fronte ao monumento ao Loro Ravachol

O barco "Burla Negra avaríase en metade do desfile Diego Torrado

Foi unha das múltiples anécdotas que deixou o Desfile de Entroido de Pontevedra, a avaría do barco do Rey Urco.

O "Burla Negra" foi a pique coma o Titanic ao chegar á rúa Michelena, xusto cando pasaba fronte o monumento ao Loro Ravachol.

O contratempo afectou á marcha do desfile ata que o barco finalmente puido ser retirado, entre aplausos, pola praza da Peregrina.

Non será esta a última aventura do barco do pirata Benito Soto que promete seguir dando moita guerra nas festas da Boa Vila.

Arquivado en