O avogado do parricida confeso de Moraña asume todas as acusacións e a prisión permanente revisable

Pontevedra
05 de xullo 2017
Actualizado: 17:41

O letrado defensor modifica as súas conclusións preliminares, nas que alegaba un trastorno mental transitorio do seu cliente. Está conforme coas acusacións "ao manifestalo así no acto do xuízo oral David Oubel de maneira libre e perder perdón e manifestar que se arrepinte dos feitos"

David Oubel, á saída da Audiencia de Pontevedra Mónica Patxot

O xuízo polo dobre parricidio de Moraña encara a súa recta final cunha previsible condena a David Oubel. Este xoves os membros do xurado encerraranse a deliberar para lograr un veredicto tras asistir este mércores a unha segunda sesión da vista oral na que o avogado defensor do único acusado, Luciano Canedo, mostrou a súa total conformidade con todas as conclusións e acusacións do fiscal

O único procesado, David Oubel Renedo, confesou na primeira sesión da vista oral o brutal crime. Este mércores, tras os informes dos peritos, no momento das súas conclusións, o avogado defensor deu a coñecer ao tribunal da Sección Cuarta da Audiencia Provincial que modificaba as súas conclusións preliminares, nas que alegaba un trastorno mental transitorio do seu cliente. Agora manifestou a súa "conformidad con los hechos relatados por las acusaciones", que cualifican os feitos como dous delitos de asasinato con aleivosía agravados. 

Ademais, o avogado defensor mostrou a súa conformidade con todas as conclusións do fiscal, de tal modo que asume a súa petición de condena. Tanto o representante do ministerio público, Alejandro Pazos, como o avogado da nai das falecidas, Valentín Vallejo, piden que David Oubel sexa condenado á pena de prisión permanente revisable, de modo que o letrado do acusado, ao asumir as súas conclusións, non se opón a esa condena.

Nas súas conclusións, o letrado sinalou que estaba conforme coas acusacións  "al haberlo manifestado así en el acto del juicio oral Don David Oubel de manera libre y haber perdido perdón y haber manifestado que se arrepiente de los hechos". O acusado, xa parricida confeso desde a primeira sesión do xuízo, rompe así con toda posibilidade de ser absolto polo dobre crime. De todas maneiras, todo queda pendente do veredicto do xurado.

O fiscal do caso elevou a definitivas as súas conclusións provisionais e o avogado da acusación tamén, aínda que cun matiz, retirou a existencia de ensañamento por parte da vítima. Ambos realizaron un informe final no que insistiron ante os membros do xurado en que quedou plenamente acreditado que David Oubel é culpable do dobre asasinato das súas fillas Amaia e Candela, tanto pola súa confesión como polas probas practicadas. 

O fiscal do caso elevou a definitivas as súas conclusións provisionais e o avogado da acusación tamén, aínda que cun matiz, retirou a existencia de ensañamiento por parte da vítima. Ambos realizaron un informe final no que insistiron ante os membros do xurado en que quedou "plenamente" demostrado que David Oubel é culpable do dobre asasinato das súas fillas Amaia e Candea, tanto pola súa confesión como polas probas practicadas, tanto das testemuñas como dos peritos e a documentación achegada. 

Alejandro Pazos insistiu ante os membros do xurado en que Oubel asasinou as súas fillas durante as vacacións estivais que lle correspondía pasar con elas dentro do réxime de visitas e en que esa relación paterno-filial agrava os feitos, pois "es más reprobable matar a sus propias hijas que matar a unas niñas que no sean sus propias hijas". Ademais, insistiu nas circunstancias referidas no inicio da sesión polos peritos, tanto que as nenas non tiveron posibilidade de defensa como que o asasinato foi cruel e a natureza das dúas armas homicidas, pois a serra radial eléctrica "produce unos resultados prácticamente incompatibles con la vida".

No seu informe final profundou tamén en que a pericial psiquiátrica puxo de relevo que "ningún trastorno mental aquejaba al acusado en el momento de los hechos ni en los previos ni posteriores" e descartouse calquera tipo de enfermidade ou trastorno mental, así como un trastorno da personalidade. "Se advierten rasgos de personalidad narcisista, un tanto psicopática, una absoluta falsa de empatía y frialdad", lembra, pero, en todo caso, ningunha patoloxía e "en ningún caso tenía afectadas sus facultades".

O avogado defensor non dedicou nin dous minutos á súa alegación final, no que se limitou a lembrar que Oubel, na sesión deste martes, confesou, mostrou arrepentimento e pediu perdón. Tampouco o propio procesado quixo facer uso da súa última palabra e limitouse a sinalar: "No tengo nada más que decir que lo que ha dicho mi letrado".

Arquivado en