O avogado de Julio Araújo pide que se retire a súa imputación no caso de Sonia Iglesias

Pontevedra
23 de outubro 2013
Actualizado: 20:03

Solicitará o sobreseimento parcial da causa que mantén aberta o xulgado de instrucción número 3 de Pontevedra cando xa pasaron máis de tres anos da desaparición da muller pontevedresa

Julio Araújo nunha comparecencia no Xulgado PontevedraViva

O único imputado no caso de Sonia Iglesias, o pontevedrés Julio Araújo, parella da muller desaparecida fai xa máis de tres anos espera que o xulgado arquive a súa imputación aberta en xullo de 2012.

O seu avogado anunciou que este xoves ten previsto solicitar o sobresemento parcial do caso. O letrado pedirá que se peche o caso unicamente no que se refire á imputación de Julio Araújo pero que se manteña aberta a investigación xudicial sobre a desaparición de Sonia Iglesias.

Segundo entende o avogado non existen indicios para manter a imputación de Araújo xa que a Fiscalía sustenta a acusación nun informe psicolóxico e nunha chamada telefónica que o situaba en Monte Castrove cinco horas despois de Sonia desaparecese. 

Sobre o informe dos servizos de Intelixencia Policial, sostén que non é vinculante e que unicamente "concluye que pudo hacerlo" (participar na desaparición da súa moza), pero sen entrevistarse directamente con Julio Araújo, baseándose nunha análise teórica e en datos que se extraen do expediente. Sobre a chamada telefónica, cren que pode deberse a "un error técnico".

A defensa sostén que conta con testemuñas e probas que o excluirían de calquera implicación na desaparición, de modo que solicitará novas dilixencias no caso de non se arquive a imputación. Queren que tome declaración de novo a testemuñas que no seu día falaron coa Policía, pero ás que non se deu maior credibilidade e non se seguiu afondando no seu testemuño.

Ademais, cuestionan que "solo se ha seguido una línea de investigación", a pista de Julio Araújo, e que algúnhas probas de certa relevancia como a reconstrución dos movementos do único imputado no día dos hechos se fixo tarde, varios meses despois.

Agora é o titular do Xulgado número 3 de Pontevedra, especializado en violencia contra a muller, quen deberá decidir que facer con esa solicitude de retirar a imputación de Julio Araújo.

Arquivado en