O Auditorio Emilia Pardo Bazán acolle unha charla informativa sobre o autismo

Sanxenxo
24 de abril 2024

A cita está prevista para este sábado 27 de abril a partir das 18.00 horas baixo o título 'Que sabes do autismo?'. O acceso é libre e contará, entre outros relatores, coa intervención de Francisco Violat, especialista en Astronomía e Astrofísica e partícipante en traballos de análise lingüística

Pazo Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo Concello de Sanxenxo

AAsociación Neen@s organiza este sábado 27 de abril unha xornada dedicada ao autismo coa que finalizan as iniciativas desenvolvidas desde o 15 de febreiro deste 2024 destinadas a tratar de maneira conxunta a Síndrome de Angelman e o Trastorno do Espectro do Autismo.

A partir das 18.00 horas do sábado 27, o Auditorio Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo desenvolverase a segunda Conversa Formativa, de acceso libre ao público. A actividade conta co apoio do Concello de Sanxenxo.

Durante o evento, as persoas asistentes poderán ver a actuación de Soalleira de Dorrón; os entremeses de Chus Piñeiro; e unha homenaxe especial a unha persoa que traballou con alumnado con autismo.

O acto continuará cunha conversación formativa a cargo de Ana Victoria González, graduada en Logopedia; Sandra Fernández, licenciada en Pedagoxía e terapeuta voluntaria na Asociación Neen@s Sanxenxo; e Francisco Violat, Máster en Astronomía e Astrofísica, participante de análise lingüística.