O goberno municipal de Cerdedo-Cotobade xa fixou unha das súas obras prioritarias para 2021. Das primeiras a realizar estará o asfaltado da pista entre Viascón e Parada de Tenorio.
Esta vía duns dous quilómetros de lonxitude hai pouco que foi municipalizado, tras realizar un exhaustivo expediente que deu como resultado a súa incorporación ao patrimonio municipal como un dos camiños de vertebración interior do concello.
A intención é que esta pista poida poñerse en servizo canto antes para o tráfico rodado, facilitando os desprazamentos entre os distintos lugares e parroquias do municipio.
"Foi un compromiso electoral que queremos levar adiante o máis axiña posible e en canto teñamos dispoñibilidade económica para poder executala dentro dos vindeiros plans", destacou o alcalde, Jorge Cubela.