O alumnado do colexio Vilaverde atende os consellos da SD Teucro sobre 'Saúde, alimentación e actividade física'

Pontevedra
30 de novembro 2021

Achegar ao alumnado unha serie de pautas e recomendacións nos eidos da deporte, a dieta e a vida saudable atópanse entre os obxectivos da charla sobre 'Saúde, alimentación e actividade física' que esta mañá impartiron no CEIP Vilaverde, de Mourente, o xogador da Sociedade Deportiva Teucro, Cahuê Herrera; a nutricionista Inés Martínez, e mailos responsables da loxística do club de balonmán, Laura del Castillo e Javier Domínguez

O alumnado do colexio Vilaverde atende os consellos da SD Teucro sobre 'Saúde, alimentación e actividade física' Concello de Pontevedra

Achegar ao alumnado unha serie de pautas e recomendacións nos eidos da deporte, a dieta e a vida saudable atópanse entre os obxectivos da charla sobre 'Saúde, alimentación e actividade física' que esta mañá impartiron no CEIP Vilaverde, de Mourente, o xogador da Sociedade Deportiva Teucro, Cahuê Herrera; a nutricionista Inés Martínez, e mailos responsables da loxística do club de balonmán, Laura del Castillo e Javier Domínguez. 

O taller foi organizado coincidindo co Día Internacional das Cidades Educadoras, que se celebra hoxe baixo o lema ‘A cidade educadora non deixa a ninguén atrás’, e con tal motivo, o tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández, tamén se desprazou ata o colexio para presentalo e saudar aos rapaces participantes (dous grupos de 23 e 25 alumnos de 3º curso).

O Día Internacional das Cidades Educadoras celébrase a escala mundial, baixo o impulso da Asociación Internacional de Cidades Educadoras (AICE), co obxectivo de que tomemos conciencia da importancia da educación como motor de cambio. Na súa conmemoración teñen participado 279 cidades de 20 países, en 5 continentes.

Tino Fernández sinalou que "a educación, o deporte e a saúde son tres dos principais sinais de identidade do modelo de cidade de Pontevedra", polo que "nexte contexto de pandemia que atravesamos, non hai mellor xeito de conmemorar esta xornada que cun programa estrela como este, que aborda tódolos aspectos mencionados, que ten unha moi boa acollida entre os nenos e nenas e que transmite pautas esenciais para o fomento dun estilo de vida saudable".