O alumnado de Ponte Sampaio toma conciencia sobre a educación na paz e a non violencia

Pontevedra
31 de xaneiro 2020

O CEIP de Ponte Sampaio sumouse este xoves 30 de xaneiro ás conmemoracións do Día da Paz cun acto no que participou todo o alumnado e profesorado. O centro busca reivindicar a necesidade de educar na paz e non violencia  

O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio conmemora o Día da Paz CEIP Ponte Sampaio

O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio sumouse este xoves 30 de xaneiro ás conmemoracións do Día da Paz cun acto no que participou todo o alumnado e profesorado do centro educativo.

Con esta xornada, o centro busca reivindicar a necesidade de educar na paz e non violencia e concienciar ao alumnado en valores de paz e convivencia. 

O acto incluíu a lectura dun manifesto pola paz elaborado polo alumnado de sexto curso de educación primaria, a lectura de poemas en galego e castelán e o visionado dunha curtametraxe en inglés sobre a necesidade da paz e non violencia (The story of Ivine and Pillow). 

O alumnado tamén interpretou a canción 'Quero ser', confeccionou un fotograma con debuxos A3 do que significa a paz para cada escolar e realizou unha pequena exposición de oral de que significa a paz para cada unha das aulas do centro.

No marco das actividades coas que este colexio conmemora o Día da Paz, este venres terán unha charla sobre a realidade do pobo saharauí.