O alcalde rexeita unha entrevista coa dirección de Elnosa porque "non hai nada de que falar"

Pontevedra
21 de agosto 2015

A solicitude detallaba que acudirían os conselleiros delegados Joan Fugas e Antonio Mesquita, así coma a xefa industrial, Amaya Echevarría e se suxerían como datas para o encontro os días 23, 24, 27 ou 28 de xullo

Entrada ao complexo industrial Ence Elnosa Mónica Patxot

O pasado mes de xullo chegou ao Concello de Pontevedra unha solicitude da dirección do grupo portugués CUF, donos de Electroqúimica del Noroeste (Elnosa), pedindo unha entrevista co alcalde Miguel Anxo Fernández "López".

En concreto, a solicitude detallaba que acudirían os conselleiros delegados Joan Fugas e Antonio Mesquita, así coma a xefa industrial, Amaya Echevarría e se suxerían como datas para o encontro os días 23, 24, 27 ou 28 de xullo.

Esta semana a vicevoceira do goberno local, Anabel Gulías, informaba que non se atendeu tal petición dos responsables de Elnosa debido a que "as posturas están claras dende hai tempo".

Neste sentido Anabel Gulías reiterou que por parte do Concello de Pontevedra "non hai nada de que falar con Elnosa".

Arquivado en