O alcalde de Vilagarcía, positivo en covid-19

O Salnés
14 de decembro 2021

O rexedor atópase ben, sen apenas sintomatoloxía, pero deberá quedar na casa ata que supere a enfermidade, en principio dez días máis. Durante ese tempo, continuará traballando dende a casa nas labores de dirección do Concello

Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía Mónica Patxot

Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, deu positivo en covid-19. Xa estaba en corentena preventiva por ser contacto estreito dun enfermo, pero agora deberá ampliar o confinamento.

O rexedor atópase ben, sen apenas sintomatoloxía, pero deberá quedarse na casa ata que supere a enfermidade, en principio dez días máis.

Durante ese tempo, continuará traballando dende a casa nas labores de dirección do Concello.

O positivo confirmoullo hoxe a última PCR realizada, precisamente, para saber se xa podía abandonar o confinamento preventivo que estaba a seguir e retomar a súa actividade pública. 

A constatación de que finalmente tamén se contaxiou só cambia a axenda física do rexedor, que terá que pospoñer ata novas datas reunións presenciais e visitas.