O alcalde Lores participou nunha marcha lúdico-reivindicativa camiñando polas rúas de Múnic que unen o antigo pazo de congresos da cidade (donde se celebra Walk21, mesmo acarón do recinto da Oktoberfest) e o Concello, un percorrido duns tres kilómetros que decorre en parte polo que era un gran bulevar e hoxe é unha rúa de 6 carrís de circulación de coches e pequenas beirarrúas.
Foi o propio alcalde de Múnic, Hep Monatzeder, quen convidou ao seu homólogo pontevedrés a realizar este paseo reivindicativo.
Na marcha, encabezada por unha banda de músicos bávaros, moitas persoas portaban pancartas con forma de pé reivindicando unha cidade máis peonil, a limitación da velocidade, camiños escolares, calmado do tráfico e mapas peonís, todo relacionado co modelo de cidade con que se transformou Pontevedra.
Esta reivindicación encabezada polo alcalde quería ser unha testemuña lúdica do proceso de transformación da capital bávara, algo que se deixa notar nas cadeiras do público.
Precisamente unha participante clamaba contra a "inmobilidade" das cidades alemanas, que permanecen entregadas ao automóbil desde os anos 70. E resulta paradóxico que esto aconteza nun dos centros automobilísticos de Europa, a sede das empresas Audi e BMW.
Unha visita ao corazón histórico da cidade de Múnic, dirixida polo profesor de xeografía da universidade local, Mon Hime, foi a principal actividade deste xoves da delegación pontevedresa que asiste ao Congreso Walk21. Ao chegar Lores, Hime presentouno pública e protocolariamente a todos os integrantes da expedición manifestándose expectante de cara ás dúas sesións do venres nas que se falará do modelo urbano pontevedrés e a súa relación co proceso de recuperación de espazos públicos que experimenta esta cidade, que se gaba de ser unha das de maior calidade urbana do mundo.
En relación ás intervencións do venres do enxeñeiro municipal e o alcalde, éstes estiveron dando os últimos retoques aos seus parlamentos, que serán pronunciados o primeiro en inglés apoiado nunha presentación visual, e o do alcalde en español, a xeito de tertulia televisiva, cun moderador que se move polo escenario mentres os convidados están sentados nun sofá. Esta será a principal intervención do día: unha sesión en pleno na que participarán munícipes da propia cidade de Múnic, de Sidney e Shkodra.
Ao remate desta intervención, o alcalde Fernández Lores asinará a Carta internacional para camiñar, que foi asinada noutras edicións por alcaldes de todo el mundo.