O alcalde da Lama está satisfeito coa colocación de lombos nas estradas provinciais

A Lama
06 de xuño 2017

O alcalde da Lama destaca a importancia desta intervención nas estradas que unen As Ermidas e Pigarzos ademais da que discorre entre Ponche Verdugo-Cambeses-Barcia onde se colocarán lombos para amortecer o tráfico

Construción dun lombo Concello de Marín

O alcalde da Lama, Jorge Canda, mostrouse "moi satisfeito" tras anunciar a Deputación de Pontevedra os traballos de pintado, colocación de "lombos" e mellora da sinalización horizontal en varias vías de titularidade provincial que discorren polo termo municipal da Lama, entre elas a que discorre entre Ponte Verdugo, Escuadra e Caroi e a estrada que comunica As Ermidas con Pigarzos e a de Ponche Verdugo-Cambeses-Barcia de Seixo.

Espero que eses compromisos se materialicen canto antes dando solución a un problema de seguridade viaria que veñen padecendo desde hai tempo os veciños da Lama. As actuacións en zonas transitadas coa colocación de lombos permitirán amortecer o tráfico e que sexan máis seguras as vías de titularidade provincial", manifestou Jorge Canda.

A intención do Concello da Lama e da Deputación é contribuír a que os distintos núcleos de poboación polos que discorren vías provinciais dispoñan de medios de control do tráfico e seguridade viaria que impidan a proliferación de accidentes ou situacións de perigo para os viandantes que adoitan usar estas zonas como lugares habituais de paso e desprazamentos desde os seus fogares ás distintas leiras e propiedades.