O 23 de agosto volverá o Demo con Foliada musical a atemorizar á rapazada

Pontevedra
19 de agosto 2016

As agrupacións Os Chichisos e a Orquestra Fiadeiro serán as encargadas de amenizar esta festa que, como é tradicional, celébrase a véspera de San Bartolomeu. A celebración comezará ás 12.30 horas nos arredores da igrexa de San Bartolomeu onde o demo aparecerá e a rapazada deberá quitarlle o rabo

Representantes de Os Chichisos e da Orquestra Fiadeiro coa concelleira Carme da Silva na presentación da Festa do Demo PontevedraViva

Un ano máis, Pontevedra volverá ver o demo polas súas rúas correndo tras os máis pequenos que, á súa vez, tentarán arrincarlle o rabo. A Festa do Demo chegará o 23 de agosto, véspera de San Bartolomeu, retomando unha tradición previa á Guerra Civil.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, acompañada por representantes do grupo de música tradicional Os Chichisos e da Orquestra Fiadeiro, presentaba durante o mediodía deste venres 19 esta celebración que se iniciará ás 12.30 nos arcos de San Bartolomeu co percorrido polo centro histórico.

O Concello fai un chamamento para que os nenos se disfracen para a ocasión con traxes infernais. Ás 21.00 horas desenvolverase o concerto da Banda de Música de Salcedo na praza de José Martín.

Ás 20.00 horas o demo volverá saír por segunda vez dos infernos para que ás 21.30 na praza de Curros Enríquez celébrese a súa Foliada. Nesta ocasión a música chegará a través de Os Chichisos e da Orquestra Fiadeiro, unha agrupación que combina a tradición da gaita con metais para interpretar temas de bandas de musica ou ritmos suramericanos.

A Foliada contará con personaxes da época, como axentes da Benemérita, curas ou rosquilleiras.

AmpArticleViewer.default.tags