Núñez Feijóo: "Los señores del Bloque son tan españoles como nosotros, aunque no quieran serlo"

Pontevedra
17 de outubro 2012

Non foi a única referencia á oposición nunha intervención bilingüe. Pero o discurso principal non foi ese. Núñez Feijóo pediu o voto ao PP "para saír da crise e non para volver a empezala". E instou aos seus a non pensar nas enquisas e a non confiarse

Pilar Rojo, Alfonso Rueda, Alberto Núñez Feijóo, Jacobo Moreira e Rafael Louzán no mitin do PP

"Al BNG esto de España le parece lo mismo que Francia o Italia. Su reino no es de este mundo. No se dan cuenta los señores del Bloque de que son tan españoles como nosotros, aunque no quieran serlo". Con esa mensaxe directa ao nacionalismo presentouse o candidato do PP á presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no mitin celebrado nun abarrotado Teatro Principal de Pontevedra.

Non foi a única referencia á oposición nunha intervención bilingüe, na que Alberto Núñez Feijóo alternou castelán e galego. Non só pola súa experiencia no bipartito, un fracaso, dixo, tralo que "en vez de trabajar, se dividieron aún más, de forma que hace falta un mapa y una cantimplora para entenderlos", senón tamén polas súas críticas aos contratos de Pémex. "Los mexicanos han hecho más por Galicia que el BNG y el PSOE", aseguró. 

"Hai xente que insulta de forma brutal e xente que recibe os insultos, hai xente que intenta traballar e xente que intenta enmerdar, hai xente que intenta pagar e xente que deixa a pagar, hai xente que só gasta o que ten e outros que gastan o que lles pete para manterse no poder", explicou o candidato popular.

Pero o discurso principal non foi ese. Núñez Feijóo pediu o voto ao PP "para saír da crise e non para volver a empezala", porque asegura que "é tempo de resolver, de crecer e de recuperarse, e sairemos desta, paso a paso, se miramos cara adiante". No caso contrario, Galicia volvería, segundo asegurou "aos anos da división, da imposición, da negación da crise, do malgasto e do reparto de Galicia en porcións".

"Si hace cuatro años había razones para votar y creer en un gobierno unido y con un proyecto, hoy os digo que hay más razones aún que entonces", reiteró Alberto Núñez Feijóo, que presumiu de xestión económica ao frente da Xunta de Galicia, gracias á cal, dixo, "somos la comunidad que más y mejor controla su déficit, que afronta sus deudas en mejores condiciones, con las cuentas más estables y saneadas, y más solvente⿝.

Neste sentido, afirmou que votando ao PPdG "neste mesmo 2012 haberá un goberno con capacidade de sacar adiante uns orzamentos públicos realistas e eficaces", que seguirá, dixo, desenvolvendo acordos e proxectos "que supoñen investimento e emprego en Galicia". Se esto é así, asegurou que nos seguintes anos, Galicia desprenderase por completo do lastre do déficit público e ao final da lexislatura, "a crise será xa soamente un recordo".

Feijóo amosou o seu convencemento de que "no futuro volveremos a mirada atrás e diremos fomos capaces en plena crise de construír hospitais públicos (entre os que citou o de Pontevedra), de manter unha asistencia sanitaria pública, gratuíta e universal, ou de facer posible viaxar en AVE de xeito habitual". Segundo o candidato do PP, se continúa no poder tralo 21 de outubro "viviremos unha Galicia de oportunidades e recordaremos que foi agora cando empezamos a construíla, con sacrificio, esforzo, xuntos e sen divisións nen interrupcións".

Rueda pide non confiarse e non crer nas enquisas

Neste mesmo sentido, Alfonso Rueda, número 2 da candidatura do PP por Pontevedra, insistiu "que nadie se crea las encuestas, que nadie se confíe". Afirmou que Galicia "se juega mucho en un solo día" e que votar ao PP é garantir que "tras cuatro años de dificultades e confianza, comenzará la recuperación", grazas, dixo, a que o goberno sentou "bases muy sólidas" para volver á senda do crecemento.

Pero Rueda foi moito máis duro que Núñez Feijóo nas súas críticas aos seus rivais políticos. Acusou especialmente a PSdeG-PSOE, BNG e Alternativa Galega de "apelar al voto del miedo, de la confrontación, a esas declaraciones de guerra que ponen en sus carteles". Recordou que hai catro anos, "los gallegos dijeron no querían un bipartito y ahora quieren repetirlo pero con dos más con los que no se llevan nada bien".

Sería moito máis fácil facer como eles, dixo o candidato popular, "empezar a decir burradas, decir lo que se me pasase por la cabeza, empezar a insultar y así igual alguno decía mañana: sigue tan descontrolado y está tan en forma como cuando perdía las elecciones contra Fraga", en clara alusión al candidato de Alternativa Galega, Xosé Manuel Beiras.

Arquivado en