Novo récord de solicitudes para participar na Feira Franca

Pontevedra
15 de xullo 2016

A presentación de solicitudes para participar nas ceas e xantares, na hostalería e tamén nos mercados da Feira Franca, que este ano se dedica á música
 

Galería de fotos da Feira Franca (I): Actividades matinais Cristina Saiz

A oficina da Feira Franca xa pechou as súas portas ao rematar o prazo para a recepción de solicitudes que permiten participar nas ceas e comidas, na hostalería e tamén nos mercados da Feira Franca.

A organización segue constatando que continúa crecendo o número de solicitudes e supera as 250 peticións para levar a cabo ceas e comidas. Os postos solicitados para os mercados de artesanía e de alimentación foron 158 mentres que os pedidos pola hostalería supera as 130 peticións.

A Feira Franca desta edición celebrarase o 2 e o 3 de setembro coa música como eixo das actividades que levarán a cabo na recreación do mercado medieval.

AmpArticleViewer.default.tags