Novo impulso ao polígono de Barro-Meis: contratan os servizos da EDAR e a ETAP

Barro
10 de agosto 2019

A Deputación de Pontevedra aprobou o expediente para a contratación do servizo da posta en marcha das instalacións e equipos da EDAR e da explotación e mantemento da ETAP. Ambos os dous servizos sairán a licitación por un prazo dun ano e un presuposto de 200.000 euros

Carmela Silva, presidenta da Deputación Mónica Patxot

Novo impuLso ao polígono industrial de Barro-Meis, nesta ocasión, no que ten que ver co funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) e das instalacións de abastecemento de auga potable (ETAP). Ambos os dous servizos sairán a licitación por un prazo dun ano e un presuposto de 200.000 euros.

A Deputación de Pontevedra aprobou o expediente para a contratación do servizo da posta en marcha das instalacións e equipos da EDAR e da explotación e mantemento da ETAP, segundo deu a coñecer a presidenta da institución provincial, Carmela Silva. 

O expediente aprobouse na reunión semanal da Xunta de Goberno da Deputación celebrada este venres e, segundo explicou Carmela Silva, busca poñer en marcha todas as necesidades do polígono. Así, quixo insistir en que cando o actual goberno da Deputación tomou posesión no ano 2015 moitas desas necesidades non estaban cubertas e había un proxecto "sen contido e sen os recursos e servizos necesarios".

A responsable provincial aproveitou para facer balance do funcionamento deste polígono, que "está a ser un éxito" e detallou que 42 das súas 76 parcelas están ocupadas na actualidade e hai outras dúas cuxa venda está en fase de tramitación