Novo asfaltado para o vial de acceso a O Batán

Cerdedo-Cotobade
19 de decembro 2023

Neste vial da parroquia de Loureiro investíronse uns 70.000 euros procedentes dunha liña de axudas do Plan Marco da Xunta. Aproveitouse a intervención para perfilar as cunetas e limpar as taxeas para favorecer a drenaxe deste vial usado pola veciñanza

O alcalde Jorge Cubela no vial de O Batán Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, inspeccionou a pavimentación dun acceso ao lugar de O Batán, na parroquia de Loureiro, cun investimento aproximado duns 70.000 euros con cargo ao Plan Marco da Xunta de Galicia.

A intervención supuxo o aglomerado en quente dun camiño cunha lonxitude aproximada duns 1.100 metros no que a empresa adxudicataria dos traballos, Construcciones Marconsa, levou a cabo tamén a limpeza e perfilado de cunetas así como a mellora do sistema de evacuación e drenaxe de augas pluviais.

Este vial que dá acceso ao lugar do Batán, na parroquia de Loureiro, presentaba un deterioro moi importante polo que o Concello de Cerdedo-Cotobade decidiu incluir o seu arranxo dentro das subvencións desta liñas de axuda da Xunta.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, "con esta actuación mellórase substancialmente o acceso rodado a O Batán e tamén se resolven graves problemas derivados da actuación das augas pluviais que non so estaban contribuíndo a estropear aínda máis o pavimento senón que se producía acumulación de auga que dificultaba tamén nos días de choiva a circulación peonil".