Novo ano, nova suba das peaxes da AP-9

Pontevedra
31 de decembro 2023

O tramo entre Pontevedra e Vigo pasará dos actuais 4,3 euros a 4,6 e a viaxe entre Pontevedra e Santiago de Compostela subirá de 6,4 a 6,85 euros. Realizar a ruta entre Vigo e A Coruña pasará a custar 19,35 euros, 1,20 euros máis que ata agora. Trátase do primeiro incremento que se inclúe na prórroga, concedida no 2000 polo goberno de Aznar, que entrou en vigor en agosto de 2023 pola que Audasa seguirá xestionando a AP-9 ata 2048

Cabinas de peaxe na autoestrada AP-9 Mónica Patxot

Coa chegada de 2024 haberá que seguir incrementando a partida orzamentaria de cada fogar e de cada empresa para enfrontarse a unha nova subida das peaxes da AP-9.

Trátase da primeira subida despois da entrada en vigor da prórroga a Audasa en agosto de 2023, prórroga concedida polo goberno de José María Aznar no 2000, que permite a Audasa xestionar a AP-9 ata o ano 2048. Esta prórroga atópase baixo investigación por parte da Comisión Europea sen que ata o momento exista resolución respecto diso.

Entre outras subidas de peaxes que se aplicarán a partir do 1 de xaneiro, os tramos principais terán os seguintes prezos:

  • Pontevedra-Santiago: pasa da tarifa de 6,40 actual a 6,85 euros.
  • Vigo-Pontevedra: pasa de 4,30 a 4,60 euros.
  • O Morrazo-Pontevedra: de 3,10 a 3,33 euros.
  • Vigo-A Coruña: pasará de custar 18,15 a 19,35 euros, unha subida de 1,20 euros.

 

De promedio, as tarifas subirán un 6,55%, o que supón o aumento máis elevado no últimos dez anos. 

Cada aninovo actualízanse as peaxes atendendo aos datos da inflación, entre outros aspectos como o pago polas obras de ampliación da ponte de Rande, que se inauguraba en decembro de 2017 e pola que Audasa aplica unha subida adicional dun 1% cada ano.