O Concello de Pontevedra aproveitará as noites dos días laborables de agosto para acometer o pintado de sinalización horizontal de 90 rúas da cidade.
Segundo a información facilitada polo Concello, con esta actuación buscan manter e mellorar a seguridade viaria da cidade. Trinta serán pintadas de xeito completo, incluíndo bandas e pasos de peóns e noutras tan só se fará un repaso.
Vaise pitar por completo rúas como Ponte Boleira, Monte do Taco, avenida de Marín, Cruz Vermella, Santa Teresa de Jesús Jornet, Teixoeira, Peregrina, Xoán Manuel Pintos ou Barriga Verde.
En canto aos repasos, dependendo da rúa, tamén serán repasadas algunhas paradas de autobús e as prazas para persoas con mobilidade reducida.
Os traballos comezaron xa esta semana e continuarán ao longo de todo o mes, sempre de noite, para afectar o mínimo á vida da cidade.
A empresa encargada dos traballos é API e os repintados entran dentro do propio contrato de mantemento.