Nove empresas optan ao contrato para renovar o céspede sintético da Xunqueira

Pontevedra
26 de xullo 2016

Son as firmas E.C. Casas, Covsa, Elsamex, Galitec Desarrollo Tecnológico, Limonta Sport Ibérica, Mondo Ibérica, Mecano Sport, Natur develop e Sport Equipalia

Os xogadores do Pontevedra realizan estiramentos ao finalizar o adestramento na Xunqueira PontevedraViva

Un total de nove empresas presentáronse ao concurso para a renovación da herba sintética do campo de fútbol 11 da Xunqueira.

Son as firmas E.C. Casas, Covsa, Elsamex, Galitec Desarrollo Tecnológico, Limonta Sport Ibérica, Mondo Ibérica, Mecano Sport, Natur develop e Sport Equipalia.

O campo da Xunqueira estreouse no ano 1999 sendo o máis antigo dos existentes na zona, remodelouse no ano 2005 e agora "cun índice de utilización superior ás 60 horas á semana" o céspede "chegou ao final do seu ciclo vital". 

O orzamento para esta nova reforma é de 363.233 euros e un prazo de execución de dous meses, coa previsión de que se desenvolvan os traballos antes do arranque da tempada.

Ademais substituiranse as porterías e canóns de rega, así como os bancos, e dotarase ás bancadas de iluminación. Con estas obras preténdese homologar o recinto co nivel FIFA Quality, unha cualificación pouco frecuente en España e que inclúe unhas inspeccións periódicas.