Un home de 88 anos de idade, que falecía durante as últimas horas en Montecelo, convértese na vítima 171 rexistrada desde o inicio da pandemia por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
O paciente presentaba outras enfermidades previas no seu historial médico, segundo indican desde o Servizo Galego de Saúde, e súmase a outras dúas mortes que se producían nesta semana na área sanitaria, dúas mulleres de 94 e 101 anos de idade.
Desde o inicio do plan de continxencia con motivo da covid-19 curáronse nesta sección sanitaria da provincia 12.758 persoas, 32 máis que na xornada do xoves 22.
Ademais, a Consellería de Sanidade notificaba este venres a morte durante o día 22 dunha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Tamén presentaba patoloxías previas.
Con estas dúas novas vítimas, o número de falecementos en Galicia desde que comezou a crise sanitaria ascende a 2.381 persoas.