Nova vítima mortal da pandemia na área sanitaria, que xa suma 210

06 de decembro 2021

A área sanitaria contabilizou cinco mortes desde o pasado domingo 28 de novembro. Este luns confirmouse o falememento dunha muller de 91 anos que estaba ingresada no Hospital Montecelo e que tiña patoloxías previas. Xa faleceu o domingo, xornada na que houbo outra vítima mortal, unha muller de 93 anos 

Unha ambulancia diante do Hospital Montecelo
Unha ambulancia diante do Hospital Montecelo / Cristina Saiz

Entre o pasado domingo 28 de novembro e este luns 6 de decembro, o Sergas notificou cinco falecementos de pacientes diagnosticados con covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. CInco mortes en tan só oito días, aínda que, e realidade, foron en tan só unha semana, pois a nova morte notificada este luns xa se produciu o domingo 5.

Segundo o balance oficial do Sergas, este luns contabilizouse unha única morte en Galicia, esta de Pontevedra. Trátase dunha. muller de 91 anos que estaba ingresada no Hospital Montecelo.

A muller tiña patoloxías previas e, segundo o informe oficial, faleceu este domingo. Este mesmo día xa se notificara outra morte, a dunha muller de 93 anos tamén ingresada en Monteceloe que tiña patoloxías previas ao diagnóstico da enfermidade.

No caso de Pontevedra, esta morte eleva a 210 o total de falecidos pola pandemia na área sanitaria. 

O pasado domingo 28 de novembro o Sergas reportou a morte dun home de 92 anos tamén ingresado no Hospital Montecelomércores 1 de decembro o falecemento dunha muller de 81 e o xoves o falecido foi un home de 75. Os tres estaban ingresados no mesmo centro.