Un home de 75 anos, terceira vítima mortal da covid-19 nunha semana na área sanitaria

Por Natalia Puga
Un home de 75 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra con diagnóstico de covid-19 faleceu este xoves e converteuse na terceira vítima mortal da pandemia en menos dunha semana na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
O falecemento produciuse este xoves 2 de decembro, pero o Servizo Galego de Saúde reportouno este venres no balance diario de falecementos. Foi a única vítima confirmada nesta xornada.
O home tiña, segundo confirmaron fontes oficiais do Sergas, patoloxías previas a ser diagnosticado por coronavirus.
Con esta morte, o total de vítimas mortais da covid-19 xa ascende a 208 persoas na área sanitaria.
Na última semana xa se confirmaron outras dúas vítimas. O pasado domingo 28 de novembro o Sergas reportou a morte dun home de 92 anos tamén ingresado no Hospital Montecelo e o mércores 1 de decembro o falecemento dunha muller de 81 que estaba ingresada no mesmo centro.
O último balance do Sergas realizado este venres confirma na área sanitaria 793 casos activos de covid-19, dos que 23 estaban hospitalizados, 20 pacientes ingresados en planta de hospitalización e 3 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Relacionadas:
-
Nova vítima mortal da pandemia na área sanitaria, que xa suma 210
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria pecha unha semana negra con catro mortos por covid-19
Por Natalia Puga |
-
Importante aumento da presión hospitalaria, con oito pacientes ingresados máis nun día
Por Natalia Puga |
-
Os novos positivos diarios de covid-19 superan o centenar na área sanitaria e rozan os 800 en Galicia
Por Natalia Puga |
-
Detectan 153 novos contaxios nunha área sanitaria que roza xa os 800 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Segunda vítima da covid-19 nunha semana na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Falece un home de 92 anos por coronavirus en Montecelo
Por Oskar Viéitez |