Un home de 75 anos que perdía a vida nas últimas 24 horas no Hospital Montecelo convértese na novena vítima durante o últimos oito días como consecuencia da enfermidade na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. A Consellería de Sanidade informaba desta morte indicando que a persoa falecida fora diagnosticada de coronavirus e contaba con outras enfermidades previas no seu historial médico.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 faleceron co virus 224 pacientes na área. O último rexistrábase na xornada deste venres, un home de 81 anos que tamén falecía no Hospital Montecelo. Desde o inicio da pandemia lograron curarse 23.016 persoas, 184 máis que na xornada do 24 de decembro.
Saúde Pública non notificou máis mortes durante este sábado por mor da enfermidade en Galicia. Co falecemento en Pontevedra, o número de vítimas na comunidade desde hai case dous anos sitúase en 2.474 persoas que se infectaron co virus.