Nova iluminación para que sexa máis seguro pasear pola senda do Gafos na Pontenova

Pontevedra
18 de maio 2020

A empresa especializada Setga acaba de rematar os traballos para dotar dunha moderna iluminación este treito. A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural destinou unha achega económica de 4.267,83 euros a esta actuación 

Nova iluminación da zona de A Pontenova Concello de Pontevedra

A senda fluvial do río dos Gafos que discorre por A Pontenova, na desembocadura do afluente, é xa máis segura para que a poboación pasee durante todas as horas do día como resultado dun proxecto de mellora da iluminación impulsado polo Concello de Pontevedra

A empresa especializada Setga acaba de rematar os traballos para dotar dunha moderna iluminación este treito. Segundo a información facilitada polo Concello, a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural destinou unha achega económica de 4.267,83 euros a esta actuación

Trátase dunha actuación moi demandada tanto polos usuarios do sendeiro como pola veciñanza da zona e consistiu na instalación de catro luminarias LED que respostan a criterios de precisión, eficacia e estabilidade óptica.

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, explicou que os traballos de canalización e instalación das novas luminarias responden aos máximos estándares de calidade e fiabilidade no alumeado público e o modelo de luminarias empregado é o resultado dun proceso industrial altamente sostible, caracterizado pola capacidade de reciclaxe e optimización dos materiais empregados, o que garante a súa completa reutilización por parte doutras industrias nun futuro. 

Paralelamente a esta actuación, o servizo municipal de Medio Ambiente tamén destinou unha achega de case 6.000 euros para que a asociación ecoloxista Vaipolorío poida desenvolver o servizo de mantemento do treito rural do sendeiro do ENIL do río dos Gafos.