A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra volve organizar a súa Cea Solidaria que chega á súa 27 edición como un dos eventos máis consolidados e con maior tradición da entidade.
O evento desenvolverase, como xa é habitual, nas instalacións do parque do Liceo Casino na Caeira, o próximo día 19 de xullo desde as 21.00 horas.
As entradas xa están á venda. Aquelas persoas que queiran asistir tan só deben reservar/comprar a súa entrada na sede da Asociación (C/Eduardo Pondal 64A, baixo en horario de 08.00 a 14.30 horas) ou chamar ao número gratuíto 900 100 036.
A recadación do evento permitirá financiar os programas e servizos gratuítos da Asociación e promover proxectos de investigación oncolóxica para alcanzar un 70% de supervivencia en cancro no ano 2030.
Desde a asociación aseguran que "haberá moitas sorpresas": unha tómbola na que se sortearán agasallos doados por empresas e colaboradores de Pontevedra e arredores, amenización musical e moita solidariedade.