Nova cuberta para o pavillón polideportivo de Santo Antoniño

Barro
30 de marzo 2023

As condicións da cuberta actual do pavillón, que leva filtrando auga dende hai anos, xa non admite máis reparacións

Pavillón polideportivo de Santo Antoniño Concello de Barro

Concello de Barro celebrou o último pleno ordinario do mandato actual. O pavillón polideportivo de Santo Antoniño foi o principal tema de conversa.

As condicións da cuberta actual do pavillón, que leva filtrando auga dende hai anos, xa non admite máis reparacións.

Por iso, cos votos a favor dos seis edís do BNG, o concelleiro do PP e do PSOE e, en contra, do grupo dos non adscritos, foi aprobado un suplemento de crédito de 60.000 euros para poñer en marcha a súa substitución

Na sesión plenaria tamén se trataron outros temas como o cambio de caldeira ou as melloras na accesibilidade.