O sistema de climatización da piscina municipal de Marín vaise renovar coa instalación de nova maquinaria que vai substituír a que había desde hai 20 anos.
O Concello de Marín preparou un proxecto para esta renovación, que suporá cubrir unha "importante necesidade" nas instalacións.
Este proxecto presentouse a unha subvención da Deputación de Pontevedra para actuar en infraestructuras deportivas. Xa se presentara e o organisimo provincial pedira un novo informe de Patrimonio. Agora, presentouse de novo adxuntándose ese documento.
En canto sexa aprobada a concesión da subvención, desde o Concello poderá impulsarse a licitación para renovar este servizo.
Desde o Concello lembran que nos últimos meses estanse realizando outras melloras e inversións na piscina, como a reparación do ascensor.
Ademais, renováronse hai pouco as maquinarias da sala de ximnasio e outro material para facer actividade fitness.
O Concello insiste en que están tratando de priorizar as inversións na piscina, que agora ten xestión municipal directa e está recibindo moitos máis fondos no día a día dos que se destinaron nunca.