O Servizo Galego de Saúde notificou este xoves un novo falecemento dunha persoa con positivo activo por covid na Área Santiaria de Pontevedra e O Salnés.
Trátase dunha muller de 96 anos de idade, e que se converte na vítima 344 desde o inicio da pandemia na área pontevedresa.
O falecemento produciuse o pasado día 10 de outubro, aínda que a notificación oficial non tivo lugar ata este xoves, sendo a segunda morte confirmada esta semana despois de moitos días sen aumentar esta fatídica estatística.
No que respecta ao control da pandemia, actualmente o Sergas mantén seguimento sobre 190 casos activos en Pontevedra e O Salnés, dos que 18 permanecen ingresados nunha planta hospitalaria e unha persoa máis evoluciona na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.