Non se teme pola vida dos 13 feridos ingresados en Montecelo e no Hospital do Salnés derivados de Santiago

Pontevedra
25 de xullo 2013

Os feridos, todos eles adultos, sofren politraumatismose, nalgún caso, fracturas e se atopan 10 en Montecelo e 3 no Hospital do Salnés

Hospital Montecelo Concello de Pontevedra

Os feridos derivados dende Santiago, tras o accidente ferroviario, aos hospitais públicos de Pontevedra evolucionan favorablemente.

Dez deles encóntranse en Montecelo e tres no Hospital do Salnés. Segundo comentaba o xerente da área sanitaria, José Manuel González, os feridos sofren politraumatismos con, nalgún caso, fracturas. Un dos feridos vai ser operado ao longo da mañá pero, segundo afirmou, non se teme pola vida de ningún deles. Ao longo da madrugada deuse de alta tres dos feridos despazados e dous encóntranse en observación e agárdase que poidan recibir a alta nas próximas horas.

José Manuel González indicou que a maioría destes feridos son veciños de cidades de fóra de Galicia, principalmente proceden de Madrid e de Valladolid mentres que un dos pacientes é veciño da Coruña.

Tamén indicou que están pendentes do traslado dun dos pacientes que sofre traumatismo cervical ao Hospital da Coruña.

En canto aos tres feridos que se encontran no Hospital do Salnés, dous encóntranse con prognóstico leve e un terceiro paciente presenta un prognóstico reservado.

González sinalou que todos os ingresados son adultos e se encontran estabilizados nos Hospitais pontevedreses.