Non haberá Pontedetapas ata 2024: "Non temos tempo nin recursos suficientes"

Pontevedra
13 de novembro 2023

Pontedetapas, unha das iniciativas gastronómicas máis populares de Pontevedra, tómase un descanso. O certame, que adoita celebrarse todos os anos por estas datas, non se celebrará este ano. Así o recoñeceu a edil de Promoción económica, Anabel Gulías. O goberno municipal garante que regresará en 2024

Roteiro inaugural de Pontedetapas Mónica Patxot

Pontedetapas, unha das iniciativas gastronómicas máis populares de Pontevedra, tómase un descanso. O certame, que adoita celebrarse todos os anos por estas datas, non se celebrará este ano. Así o recoñeceu a edil de Promoción económica, Anabel Gulías.

"Non temos tempo nin vos recursos suficientes", sinalou Gulías, debido a que as partidas económicas están esgotadas e o orzamento municipal prorrogado deixa moi pouca marxe.

O goberno municipal garante que Pontedetapas regresará en 2024.

Para iso, a responsable de Promoción económica anunciou que a principios do próximo ano comezarán os contactos coa hostalería local para "decidir as datas".

"Imos a traballar para buscar as mellores datas", explicou Anabel Gulías, que confía en poder darlle a este certame gastronómico o impulso que perdeu tras a pandemia.

Pontedetapas, engadiu, é un evento que ademais de xerar actividade económica na cidade serve como promoción da excelencia da gastronomía pontevedresa.