Non haberá cambios nas restricións pola covid-19 ata a próxima semana

Ponte Caldelas
28 de maio 2021

Ponte Caldelas e Moraña continuarán ata a próxima semana, polo menos ata o venres 4 de xuño, no nivel alto de restricións pola covid-19. Así o acordou o subcomité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia. Este organismo decidiu manter sen cambios o mapa de restricións en Galicia

Rúa da Ponte, Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas e Moraña continuarán ata a próxima semana, polo menos ata o venres 4 de xuño, no nivel alto de restricións pola covid-19. Así o acordou o subcomité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia.

Este organismo decidiu manter sen cambios o mapa de restricións en Galicia, que só inclúe a tres municipios no nivel máximo: Lobios, A Pobra de Caramiñal e Mos.

En canto a Ponte Caldelas e Moraña, segundo recolle a instrución de Sanidade, non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalería, que só poderán ocupar un 50% das súas terrazas.

No nivel medio, dentro da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, manteranse Cambados e Bueu, onde bares e restaurantes terán un aforo limitado do 30% nos seus espazos interiores e dun 50% nas súas terrazas.

Vilanova de Arousa, Cuntis e Cerdedo-Cotobade, como xa se anunciou o pasado martes, pasarán ao nivel medio baixo, no que se atopan o resto de concellos galegos, a partir das 00:00 horas de mañá sábado.