Noitepedras, teatro, cociña prehistórica e telearqueoloxía

Umia
01 de xullo 2016

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro deseñou para este verán un amplo e diverso programa de actividades culturais, gastronómicas, escénicas e musicais. A idea consiste en ofrecer aos visitantes diferentes experiencias arredor da Arte Rupestre

Visitas teatralizadas ao Parque arqueolóxico de Arte rupestre de Campo Lameiro PAAR

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) deseñou para este verán un amplo e diverso programa de actividades culturais, gastronómicas, escénicas e musicais. A idea consiste en ofrecer aos visitantes diferentes experiencias arredor da arte rupestre.

O punto de partida será outra vez o singular formato de visitas nocturnas aos petróglifos, acompañada dunha saborosa cea, coñecidas pola denominación de Noitepedras. Aparece como novidade na axenda cultural as visitas teatralizadas da man de Os Quinquilláns.

Continúa a axenda do mes de xullo cunha curiosa actividade gastronómica, posiblemente encadrada dentro da moda dos "showcookings", pero nesta ocasión referido a técnicas e sabores do pasado que leva o título de Cociña Prehistórica.

E por último mencionar a Telearqueoloxía, un obradoiro audiovisual para aqueles que desexen elaborar documentais vinculados coa arqueoloxía e a arte Rupestre.

Tamén hai a posibilidade de visitar o parque acompañado do teu can

Ademais o PAAR ofrece nesta época rutas guiadas con novas temáticas e espazos e a posibilidade de visitar o parque acompañado do teu can (proxecto en colaboración con Perriturismo).

Completan esta variada oferta os diferentes obradoiros arqueolóxicos (lume, caza, cerámica, etcétera) pensados coa idea de achegarse dun xeito dinámico e divertido á Idade do Bronce.

AmpArticleViewer.default.tags