Noite en Branco de La Laguna: unha aposta polo consumo local

Pontevedra
08 de decembro 2013

A xornalista Nair Mesejo conta nesta reportaxe unha poposta realizada en La Laguna (Tenerife) para promover o comercio local. Esta iniciativa denominada Noche en Blanco consegue que durante unha xornada esta cidade se converta no centro de ocio das Illas Canarias. Nesta reportaxe analízanse as vantaxes deste tipo de propostas que poderían ser trasladables ás Rías Baixas

Hai cinco anos que a Noite en Branco (LNB) marca o inicio da campaña do Nadal en La Laguna (Tenerife). Dende entón, o último sábado de novembro comerciantes, hostaleiros, organizacións sociais, culturais e institucións converten por un día a cidade na capital do ocio de Canarias.

Entre as 10.00 da mañá e as 03.00 da madrugada, os establecementos permanecen abertos e as rúas énchense de todo tipo de postos onde se realizan talleres e actividades diversas. Museos, fundacións e edificios públicos completan a oferta.

Todo para atraer visitantes, que esta edición alcanzaron os 120.000, e fomentar o consumo local. A cidade Patrimonio da Humanidade é a segunda máis poboada de Tenerife, con algo máis de 150.000 habitantes, case o dobre que Pontevedra.

A música en vivo, danza, teatro, humor e deporte centran a programación de LNB, cuxos actos -só os organizados polo Concello superaron o centenar- se reparten enáreas temáticas repartidas polas principais localizacións do casco histórico lagunero.

OBXECTIVO: DINAMIZAR O COMERCIO LOCAL

O evento naceu co obxectivo de dinamizar o comercio local, inspirado no orixinal, 'Nuit Blanche', que se celebrou en París en 2002 e pouco despois adaptaronMadrid, Barcelona e outras urbes españolas. Hoxe máis dunha decena secundaron a iniciativa.

A Lagoa apostou por transcender a vertente meramente cultural do concepto parisiense ou madrileño e abranguer a comercial, familiar e patrimonial. Tamén por incluír o público infantil e xuvenil, ademais do adulto, segundo explica o concelleiro de Economía, Empresa e Emprego, Juan Antonio Alonso.

O proxecto, relata, foi desenvolvido polos axentes sociais e económicos da cidade co goberno local (Coalición Canaria), a través do Foro Anticrise. LNB supón, asegura o edil, "a posta de longo do comercio lagunero e da cidade para a época de Nadal". Un evento co "posicionarse antes que outras entidades" como centros comerciais de cara ao "efecto consumo", sostén.

UN MILLÿN DE EUROS DE VOLUME DE NEGOCIO

O investimento público en LNB ascendeu este ano a 80.000 euros, que se sumaron á achega de patrocinadores privados -en torno a 40.000 euros. A iso engádese a cobertura do gasto derivado de reforzar os servizos públicos, como o transporte -a súa capacidade incrementouse un 27% ese día-, seguridade e atención sanitaria.

As estimacións do Concello para esta edición apuntaban a un volume de negocio por enriba do millón de euros. Supérase en máis dun 300% o que se inviste, a xente consume", mantén Alonso, quen, non obstante, tamén advirte dos "moitos matices" que implica a avaliación económica do efecto do evento.

CAL ÿ O PERFIL IDÿNEO DE VISITANTE?

Iso é o que debaten empresarios e comerciantes de La Laguna, como indica o xerente de Alapyme, entidade que aglutina a titulares de establecementos situados no casco histórico; Julián González. "Non se trata de traer máis xente, se non de saber cal é o perfil que máis nos interesa", considera.

A Noite en branco supón "unha oportunidade", aínda que esperta unha gran disparidade de opinións. "Beneficios hai para todos", admite, "aínda que haberá xente que se queixe e diga que é esgotador". Non se obriga a ninguén, agrega ao respecto.

Os negocios, especialmente os dedicados á restauración, teñen que realizar varias quendas durante a xornada, "case multiplican por catro a actividade dun sábado", afirma o responsable municipal de Economía, Empresa e Emprego.

Calquera persoa podería comprobar que o volume de visitantes desborda en ocasións a capacidade de bares e restaurantes; malia que esa noite reforzan o seu persoal e recursos.

Sobre este punto, o xerente de Alapyme recorda que o evento xera postos de traballo e riqueza, á parte de atraer clientes. E por iso insiste en que o obxectivo é mellorar "a calidade" fronte á cantidade de visitantes.