Nodosa ten seis novas construcións navais en bancada

Pontevedra
17 de abril 2019

Esta empresa recibiu a visita do secretario xeral de Industria e Peme, Raúl Blanco que acudiu acompañado da conselleira delegada de Pymar, Almudena López. Este encontro está enmarcado nunha toma de contacto coas empresas punteiras nos sectores produtivos máis importantes do país.

O secretario xeral de Industria Raúl Blanco visita as instalacións do estaleiro Nodosa Subdelegación do Goberno

O estaleiro de Nodosa afronta nestes momentos a construción de seis unidades pesqueiras simultáneas de distintos tamaños e para distintos países. 

O sistema de traballo do estaleiro marinense conta con máis de 300 profesionais, que abarcan todo o proceso de construción dos buques, incluíndo o seu deseño.

Esta empresa recibiu a visita do secretario xeral de Industria e Peme, Raúl Blanco que acudiu acompañado da conselleira delegada de Pymar, Almudena López. Este encontro está enmarcado nunha toma de contacto coas empresas punteiras nos sectores produtivos máis importantes do país.

A subdelegada do Goberno, Maica Larriba tamén participou nesta visita na ue tiveron ocasión de percorrer xunto aos responsables de Nodosa as distintas bancadas e barcos que actualmente están en construción no estaleiro. 

Así puideron comprobar a bordo os traballos de armamento dunha unidade de pesca para augas de Malvinas, que aínda se atopa en bancada, e dun barco terminado para un armador alemán que faenará en augas do Mar do Norte.