No 2021 tampouco haberá Pontevedrada

Pontevedra
02 de febreiro 2021

Por segundo ano consecutivo, a covid-19 impedirá que se poida celebrar a Pontevedrada. A marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago pola doazón de sangue, órganos e tecidos foi suspendida, segundo anunciaron os seus organizadores

Pontevedrada 2019 Mónica Patxot

Por segundo ano consecutivo, a covid-19 impedirá que se poida celebrar a Pontevedrada. A marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago pola doazón de sangue, órganos e tecidos foi suspendida, segundo anunciaron os seus organizadores.

Nun comunicado, sinalaron que debido á situación actual da pandemia, en plena fase de propagación da terceira onda, "vémonos na obrigación de suspendela".

"Se seguimos os protocolos establecidos, coidamos da nosa saúde e da dos demais, poderemos pasar esta emerxencia sanitaria da mellor forma posible", recomendan os responsables desta marcha solidaria.

O presidente da Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo), Francisco Pérez-Mirás, asegura que a actual situación sanitaria fai "inviable" que se poida celebrar este evento solidario, o máis rechamante de todos os que organiza esta asociación para o fomento da doazón universal.

"Ayer cuando redacté el comunicado se me encogió el estómago porque es una tristeza", comentou Fran Pérez-Mirás sobre o "palo" que para Asampo supón suspender a Pontevedrada.

Pérez-Mirás explicou o difícil que resultou emocionalmente tomar esta decisión xa que a Pontevedrada  "lleva meses de mucho trabajo previo". Por exemplo,"nuestros dorsales son totalmente artesanos", xa que cada camiñante leva o seu "en madera pirograbada y personalizado" con madeira que recolleron "en la luna de octubre".

Outras circunstancias que levaron á cancelación da Pontevedrada son que esta marcha solidaria atravesa sete municipios polo que "tienes que pedir permisos de ocupación" e a central do 112 tamén activa unha alerta para estar pendente desta actividade durante 24 horas.

"No es todo covid, siguen haciendo falta órganos, sigue haciendo falta sangre y creemos que nosotros estamos haciendo una buena labor. Pero está claro que si no podemos ofrecer seguridad lo mejor es parar", admitiu.

A pasada edición da Pontevedrada, que habitualmente se celebra a finais de abril, tamén foi anulada pola covid-19. Foi nos primeiros compases dunha pandemia que segue condicionándoo todo.

Nun principio, reprogramouse para outubro pero esta nova data tampouco foi posible, xa que as condicións sanitarias naquel momento así o establecían.

Nesta ocasión, segundo indicou Fran Pérez-Mirás "para no tener claro que íbamos a salir la decisión es esa, suspenderla".

Pero Asampo non descansa e seguirán coas súas mesas informativas ou coa "bolsa dos desexos" e xa prepara unha nova iniciativa da que, por agora prefiren non desvelar nada xa que aínda "hay que limar algunos flecos".