Nito Sobral reelixido alcalde de Poio

Poio
13 de xuño 2015

Un sobre con dúas papeletas cos nomes de Luciano Sobral e Consuelo Besada, foi a anécdota xurdida durante a votación no pleno do Concello de Poio, no que resultou elixido como alcalde o nacionalista Luciano Sobral, con 9 votos a favor, mentres que 7 concelleiros votaron ao candidato do PP, Ángel Moldes, e un voto resultou nulo

Pleno de investidura no Concello de Poio PontevedraViva

Un sobre con dúas papeletas cos nomes de Luciano Sobral e Consuelo Besada, foi a anécdota xurdida durante a votación no pleno do Concello de Poio, no que resultou elixido como alcalde o nacionalista Luciano Sobral, con 9 votos a favor, mentres que 7 concelleiros votaron ao candidato do PP, Ángel Moldes, e un voto resultou nulo.

Todos os novos edís xuraron ou prometeron o seu cargo ante un exemplar da constitución española, e no caso dos sete concelleiros do BNG, sumaron tamén un exemplar do libro de Castelao 'Sempre en Galiza'.

Tras ser investido como alcalde de Poio, no que será o seu sexto mandato consecutivo, Nito Sobral, agradeceu o apoio recibido por parte do Partido Socialista e sinalou que a anécdota do voto nulo é para el "un símbolo do futuro goberno" no que espera que, de novo, volva estar conformado polo BNG e o PSOE, como nos dous últimos mandatos "sempre é mellor o acordo para seguir creando futuro".

O reelixido alcalde espera que este "equipo maioritario" poida levar a cambio os proxectos que se formulan, e invitou a oposición a "traballar en conxunto".

Pola súa banda a voceira socialista Chelo Besada desexou "un mandato en harmonía" polo beneficio de todos os veciños.

Arquivado en