Ningún condutor foi denunciado por exceso de velocidade na 'zona 10'

Pontevedra
10 de decembro 2019

Esta campaña de control de velocidade desenvolveuse entre os días 29 de novembro e o 6 de decembro. Catro dos controis foron na rúa Arcebispo Malvar, dous foron na rúa Sarmiento e un realizouse nas rúas Michelena, Laranxo, Gutiérrez Mellado, Riestra e Barón

Control de velocidade da Policía Local PontevedraViva

Os controis realizados pola Policía Local polas rúas que teñen limitada a circulación dos vehículos a dez quilómetros por hora non lograron detectar ningún condutor que excedera o límite marcado polo radar veloláser.

En total, os axentes controlaron ata un total de 160 vehículos e non houbo ningunha denuncia.

Esta campaña de control de velocidade desenvolveuse entre os días 29 de novembro e o 6 de decembro.

Catro dos controis foron na rúa Arcebispo Malvar, dous foron na rúa Sarmiento e un realizouse nas rúas Michelena, Laranxo, Gutiérrez Mellado, Riestra e Barón.

Os controis foron realizados en horario de tarde e noite, co fin de incidir especialmente en horario de pouco tránsito peonil que é cando existe maior perigo de accidente por exceso de velocidade.