Ninguén faltou á cita, nin os fogos nin miles de pontevedreses

Pontevedra
14 de agosto 2016

A dirección do vento cambiou e os responsables de seguridade cidadá constataron que non había perigo na tradicional tirada, de modo que volveu á súa cita coas festas un ano máis. A cita, á medianoite no peirao de Corbaceiras, foi masiva. Aquí queda un repaso fotográfico polo sucedido

Tirada de fogos de artificio desde As Corbaceiras por A Peregrina 2016 Cristina Saiz

O forte vento e a proliferación de incendios forestais cos que empezou a semana levara ao Concello de Pontevedra a pensar na suspensión da tirada de fogos de artificio coa que cada ano gozan os pontevedreses no primeiro sábado das festas da Peregrina.

Finalmente, a dirección do vento cambiou e os responsables de seguridade cidadá constataron que non había perigo na tradicional tirada, de modo que volveu á súa cita coas festas un ano máis

A cita, á medianoite no peirao de Corbaceiras, foi masiva e miles de cidadáns situáronse nos arredores para gozar do espectáculo. Aquí queda un repaso fotográfico polo sucedido.

AmpArticleViewer.default.tags