O cribado poboacional realizado polo Servizo Galego de Saúde na Lama non detectou nin un só positivo por covid-19. Así o asegura a xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Da convocatoria inicial, que era para unhas 450 persoas de 15 a 40 anos, fixeron o test de antíxenos un total de 194. Isto representa unha participación do 46% neste cribado preventivo.
Este cribado, que foi voluntario, desenvolveuse este luns no centro de saúde da Lama, a onde foron chamados os pacientes vía SMS telefónico.
Dous equipos de enfermaría foron os que realizaron este cribado. Eles efectuaron todas as tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, a realización e o procesado das tomas de mostras e a información aos usuarios.