Nin a chuvia detén un Enterriño da Sardiña que encheu de festa as rúas de Bueu

Bueu
06 de marzo 2025

O seguinte desfile será o do Paxaro de Mal Agoiro, que está previsto para este domingo, aínda que dende a organización se valorará adialo debido ao mal tempo. A decisión anunciarase nos próximos días

Desfile do Enterriño da Sardiña en Bueu
Desfile do Enterriño da Sardiña en Bueu Concello de Bueu

Oito grupos participaron este mércores pola tarde no desfile infantil do Enterriño da Sardiña, unha das citas sinaladas do Entroido de Bueu, que desafiou á chuvia para encher de ledicia as rúas da vila.

Así, entre asociacións de nais e pais da vila e diversos colectivos, participaron a ANPA A Pedra, a ANPA Alborada do Virxe Milagrosa, a ANPA Torre Cela, a ANPA Cabo Udra de Beluso, a ANPA Pichirilo da Galiña Azul, a Escola Infantil Tranvía e os grupos Pandy Panda e Los ochenteros.

O desfile arrancou dende a Praza Massó ás cinco da tarde e percorreu as rúas Montero Ríos, Francisco Escáneo, Pazos Fontenla, Johan Carballeira, con remate na carpa de As Lagoas.

Alí tivo lugar a entrega de diplomas aos participantes e a desfeita da sardiña, que este ano foi elaborada novamente con globos por parte de Barafunda.

Carmen García, concelleira de cultura, destacou a multitudinaria asistencia a este desfile e agradeceu a todos os grupos a súa implicación para manter viva a ilusión dos máis pequenos e pequenas neste día.

Desfile do Enterriño da Sardiña en Bueu
Desfile do Enterriño da Sardiña en BueuConcello de Bueu

O seguinte desfile será o do Paxaro de Mal Agoiro, que está previsto para este domingo, aínda que dende a organización se valorará adialo debido ao mal tempo.

A decisión sobre esta cita anunciarase nos próximos días.